costela

< lat costa
Pliral: costelas
    1. s f ANAT Óso plano e arqueado que forma as paredes da cavidade torácica e que serven para protexer os pulmóns e o corazón.
    2. costela moumiña Costela inferior e máis pequena do costelar.
  1. s f Óso de certos animais coa carne pegada, que se toma como alimento.
  2. s f p ext
    1. Calquera peza con forma similar a unha costela do corpo.
    2. Cada unha das tiras que constitúen as canizas do carro.
    3. AERON Elemento estrutural das superficies de sustentación e de mando dunha aeronave, que fai de soporte do revestimento.
    4. MAR caderna.
  3. s f BIOL Prominencia elevada e alongada que resalta na superficie de froitos e follas.

Sinónimos

Citas

  • Arranxou unha pouca costela con patacas e chícharos
  • Rompéronselleme as dúas costelas ao abano, por iso agora avivo o lume cun cartón