costado

< lat costātu ‘que ten costelas’
Pliral: costados
  1. s m Cada unha das partes laterais do tronco ou do corpo do home ou dos animais.
  2. s m
    1. Parte lateral dun obxecto que ten parte dianteira e traseira ou que se imaxina en dirección lonxitudinal.
    2. MAR Parte da embarcación comprendida entre a liña de flotación e a cuberta en toda a súa lonxitude.
  3. s m
    1. Cada unha das caras opostas dun obxecto.
    2. MAT Cada unha das liñas que limitan unha superficie.
  4. s m Calquera parte do espazo que circunda un obxecto, considerada en oposición ás demais.
  5. s m fig PAT pneumonía.

Sinónimos

Confrontaciones

Citas

  • A cidade está sufrindo un asedio por todos os costados
  • Fun ao médico porque teño unha dor no costado esquerdo, Para poder durmir teño que estar deitado sobre o costado dereito
  • Neste problema temos que atopar a área do triángulo do que coñecemos o valor dos tres costados
  • O monte estaba nevado polos dous costados, As moedas tiñan por un costado a imaxe do rei
  • Os bandoleiros apostábanse nos costados dos camiños, A un costado da cama teño unha mesa de noite, e ao outro unha pequena cadeira