cortina

< lat cortīna
Pliral: cortinas
  1. s f Peza de tecido, xeralmente de tea, que se pendura diante das portas ou fiestras como adorno, abrigo ou protección.
    1. s f Aquilo que limita a visión de algo ou que agacha algunha cousa.
    2. cortina de fume BÉL Neboeiro ou bruma artificial que se coloca entre as forzas propias e o inimigo co fin de ocultarse do mesmo.
  2. s f BÉL Parte recta da muralla que, nunha fortificación, une os costados de dous baluartes ou torres consecutivas.
  3. s f MICOL Conxunto de filamentos procedentes do veo parcial que aparecen no carpóforo cando o sombreiro abre. É unha característica das cortinariáceas.
  4. s f IMAX Lámina metálica móbil do obturador das cámaras fotográficas SLR, que protexe a película durante o enfoque e o cambio de obxectivos.

Citas

  • A fervenza formaba unha cortina de auga que non deixaba ver o outro lado
  • A habitación non ten cortinas e entra a luz pola mañá, Os actores saíron saudar ao público despois de atravesar as cortinas