cortexo

< ital corteggio ‘escolta de honra’
Pliral: cortexos
  1. s m Acción e efecto de cortexar.
  2. s m Conxunto de persoas que acompaña a un persoeiro ou unha cerimonia.
  3. s m ZOOL Sistema de comunicación animal que permite que os individuos dunha especie inicien as relacións necesarias para reproducirse.

Sinónimos

Citas

  • Axeonlláronse porque pasou o cortexo papal, Os familiares do falecido encabezaban o cortexo fúnebre
  • O seu cortexo non é precisamente un modelo a seguir