corte

< cortar
Pliral: cortes
  1. s m Acción e efecto de cortar ou cortarse.
  2. s m Lado afiado dun instrumento que corta.
  3. s m Arte de cortar as pezas de vestir.
  4. s m MAR Unión entre as táboas que conforman os costados do barco.
  5. corte dun edificio ARQUIT Sección dun edificio, que permite a análise das súas partes e dos seus elementos.
  6. corte falso ARQUIT Dirección dunha xunta da cabeza dunha doela que é oblicua respecto ao arco.
  7. corte histolóxico BIOL Corte moi fino dun tecido que se realiza mediante un micrótomo e que permite a súa observación a través do microscopio.
  8. corte xeolóxico XEOL Representación esquemática da sección dunha zona da codia terrestre que permite ver o perfil topográfico e a estrutura xeolóxica.

Sinónimos

Citas

  • Estudia corte e confección
  • Non pode mover o brazo polo corte que ten, Cobre cun pano de mesa o corte do xamón, O corte da herba quedou moi alto
  • O corte da machada está cego e haino que afiar