corrector -ra

< lat correctōre
Pliral: correctores Masculino: corrector Masculino plural: correctores Femenino: correctora Femenino plural: correctoras
  1. adx Que corrixe.
  2. s
    1. Persoa que corrixe para detectar os erros nun texto e outorga unha cualificación.
    2. Persoa que se dedica profesionalmente a corrixir as probas de imprenta.
  3. s m AUTOM Dispositivo que se introduce nun sistema de control retroactivo para compensar a súa inestabilidade ou mellorar o seu transitorio.
  4. s m FÍS Circuíto destinado a modificar a curva de resposta dun aparato ou dispositivo en función da frecuencia.
  5. s m HIST Maxistrado provincial romano da época imperial.
  6. s m POLÍT Membro da chancelaría pontificia, a partir do s XIII, encargado de revisar e corrixir as minutas dos notarios.
  7. s m RELIX Superior dun convento da orde dos Mínimos.
  8. corrector ortográfico INFORM Aplicación informática ou módulo dunha aplicación que permite revisar a ortografía dun texto para detectar as palabras que conteñan incorreccións e propor termos alternativos.

Citas

  • Aplicáronse medidas correctoras para frear o fracaso
  • Os correctores das probas de ingreso na Academia tiñan que ser imparciais
  • Os correctores deben eliminar os erros tipográficos e de estilo