corpus

< lat corpus
Pliral: corpuses
  1. s m DER/HIST Conxunto de leis, de escritos históricos, dogmáticos ou filosóficos ou de inscricións antigas.
  2. s m
    1. Conxunto, o máis extenso e ordenado posible, de datos ou textos que forman unha unidade e que serven de base documental nunha investigación.
    2. LING Colección de datos lingüísticos representativos que se reúnen co propósito dunha análise lingüística.
    3. LIT Conxunto de textos que corresponden a un determinado autor, época, escola ou movemento literario.
  3. s m RELIX Festividade da Igrexa Católica na que se celebra a consagración, adoración e exposición solemne do Corpo de Cristo o xoves seguinte da baixada do Espírito Santo sobre os apóstolos. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

Citas

  • Recompilou un corpus de cen textos en prosa para elaborar a súa tese