cornixa

< ital cornice lat cornis -idis ‘coroamento’
Pliral: cornixas
  1. ARQUIT
    1. s f Elemento arquitectónico saínte, polo xeral horizontal e con moldura, que coroa un edificio. Adquiriu unha grande importancia na arquitectura grega, ao ser un dos elementos que formaba o entaboamento.
    2. cornixa de canle Moldura metálica ou pétrea colocada de xeito vertical respecto ao beirado para desviar a auga da súa parte inferior.
    3. cornixa de cinchón Cornixa que rodea todo o edificio e que marca a división dos pisos.
  2. s f Moldura que culmina un moble, un pedestal ou outra cousa.
  3. s f XEOG Parte rochosa dunha montaña ou dunha costa esgrevia que sobresae por causa da litoloxía diferencial.

Citas

  • A cornixa do roupeiro está decorada con flores