Conxunto de fíos retorcidos e unidos entre si para formar un fío máis groso.
XOGOXogo no que dúas persoas collen cada un dos extremos dunha corda, que moven de forma que esta describa un arco para que unha ou varias persoas poidan saltar no medio da mesma.
sfMÚSFío cilíndrico de diferentes materiais, que nos instrumentos de corda produce o son cando vibra.
sfTECNOLResorte que pon en funcionamento algún mecanismo.
sfZOOLEstrutura membranosa alongada e de forma cilíndrica coma os tendóns, os nervios ou os ligamentos.
corda dorsalZOOLnotocorda.
corda vocal /ANAT/LINGRepregamento da mucosa da larinxe disposto en sentido anteroposterior, que ao vibrar produce a voz.
sfMATSegmento da recta que une dous puntos de calquera curva ou superficie curvada.
sfMARPeza grosa de madeira que vai de popa a proa por debaixo dos vaos, descansando sobre os puntais, e que serve de reforzo ao barco contra a flexión lonxitudinal.
sfPESCAAparello de pesca que se emprega na captura de peixes como o congro, a dourada e as angulas.