corazón

< lat corde
Pliral: corazóns
    1. s m ANAT Músculo que constitúe o órgano motor do aparato circulatorio dos vertebrados e de moitos invertebrados, que nos seres humanos aparece situado na parte esquerda da cavidade do peito.
    2. corazón artificial MED Aparato que serve para establecer unha circulación extracorpórea, empregado en intervencións cirúrxicas nas que se precisa poder acceder ao corazón mentres este permanece sen funcionar.
  1. s m Figura que presenta a forma dese órgano.
  2. s m
    1. Órgano considerado como sede dos sentimentos.
    2. Órgano considerado como sede da coraxe.
  3. s m Parte central ou esencial dunha cousa.
  4. s XOGO
    1. pl Un dos catro paus das cartas francesas, que leva gravados corazóns.
    2. Carta deste pau.
  5. corazón de vía TRANSP Punta que forman dous carrís de vías diferentes, nas encrucilladas e nos cambios de vía, no punto onde se cortan, para dar paso á pestana da roda.
  6. corazón pulmonar PAT Sobrecarga hemodinámica do ventrículo dereito que aparece como consecuencia de enfermidades que alteran o funcionamento e a estrutura do pulmón, con hipertensión do círculo menor.

Confrontaciones

Citas

  • Comeu un corazón de chocolate da caixa
  • Prepararon para comer un repolo de corazón
  • Puxéronlle moita forza e corazón pero non foron quen de superar a proba
  • Temos que acceder ao corazón da computadora para arranxala
  • Ten un corazón de pedra por abandonala sen darlle explicacións

Refranes

  • Corazón forte ao seu dono leva á morte.
  • O corazón non fala pero adiviña, anque cala.
  • O corazón nunca se engana.

Palabras vecinas