coral

< fr corail lat tardío corallu gr κοράλλιον
Pliral: corais
  1. s m ECOL Colonia de antozoos formada por pequenos pólipos dispostos nunha matriz que eles mesmos segregan e que persiste logo da morte dos animais. Distribúense no Índico, no Pacífico e no Atlántico, onde constitúen un dos ecosistemas máis produtivos do planeta á vez que atesouran unha altísima biodiversidade.
  2. s m Esqueleto calcario dalgúns pólipos que despois de puído se emprega para facer adornos.
  3. s m pl ALIM Ovas cocidas de crustáceos.