cooperación

< lat cooperatĭōne
Pliral: cooperacións
  1. s f Acción e efecto de cooperar.
  2. s f SOCIOL Colaboración ordenada e orientada á consecución dun fin que xorde da concertación entre os membros dunha colectividade social.
  3. s f ECOL Relación temporal entre dous organismos da mesma especie ou de distinta especie, de xeito que os dous saian beneficiados.
  4. cooperación económica internacional ECON Conxunto de accións tendentes a regular as relacións económicas internacionais entre os estados. Dáse cando as relacións entre os estados se institucionalizan en forma de organizacións económicas internacionais.

Citas

  • É un asunto complicado, necesito a vosa cooperación