convección

< lat convectĭōne
Pliral: conveccións
  1. s f FÍS Transporte de materia, enerxía ou cantidade de movemento que se produce nun fluído polo movemento do conxunto das súas moléculas.
  2. s f FÍS Proceso que consiste na produción dunha corrente eléctrica por medio do transporte de cargas por algún procedemento especial, diferente da aplicación dun campo eléctrico.
  3. correntes de convección METEOR Movemento vertical das masas de aire na atmosfera debido ao diferente grao de quecemento das capas de aire próximas ao solo.
  4. teoría da convección FÍS Teoría que explica a xénese do campo magnético terrestre baseándose na existencia de lentos movementos de convección no interior da Terra, orixinados polas diferenzas de temperatura das rochas radioactivas.