contrasinal

< contra- + sinal
Pliral: contrasinais
  1. s m Sinal que se lle dá a unha persoa para que, nun momento determinado, sexa recoñecida ou lle sexa concedido algo.
  2. s m Sinal que se lle pon a algo para diferencialo doutras cousas.
  3. s m BÉL Palabra que serve como medio de identificación dunha sentinela ou da tropa que se achega.
  4. s m INFORM Secuencia secreta de caracteres que impide o acceso de persoas non autorizadas a un documento determinado.

Sinónimos

Citas

  • O contrasinal consistía en recitar varios versos do himno galego

Formas incorrectas

contraseña