contragolpe

< contra- + golpe
Pliral: contragolpes
  1. s m Golpe ou ataque producido como resposta a outro anterior.
  2. s m MED Repercusión dun golpe nun lugar distinto do que recibiu directamente o impacto.

Sinónimos

Citas

  • Ambos os dous goles se conseguiron en accións de contragolpe
  • Golpeáronlle na perna e, como consecuencia do contragolpe, doeulle toda a columna
  • Trala sublevación militar, as forzas democráticas planearon un contragolpe