contexto

< lat contextu ‘conexión’
Pliral: contextos
    1. s m Conxunto de ideas ou de feitos contidos nun escrito ou discurso que permiten determinar o sentido ou o valor dun fragmento, dunha frase ou dunha palabra que alí aparece.
    2. contexto fonético LING Conxunto de sons que rodean un fonema.
    1. s m Conxunto de circunstancias que rodean e explican un acontecemento, unha situación, ou calquera outro feito.
    2. s m PEDAG Condicións espazo-temporais que inflúen, segundo a teoría de Gestalt, na percepción de calquera obxecto ou estrutura.
    3. contexto cultural ARTE Conxunto de institucións, códigos estéticos, correntes artísticas, normas estilísticas, así como o sistema conceptual formado por costumes e tradicións, que condicionan a existencia de determinados produtos, á vez que explican o seu significado.

Citas

  • O contexto social foi determinante para explicar o seu comportamento
  • Polo contexto é moi doado saber o significado desa palabra