Maneira en que está formado o corpo dun ser vivo, especialmente do ser humano, dependente do desenvolvemento e funcionamento dos seus órganos.
ANTROP/PSICConxunto de características morfolóxicas, fisiolóxicas e psicolóxicas dun individuo, que permiten determinar o tipo en que se inclúe.
sfDER/POLÍTNorma fundamental dun Estado que establece e garante os dereitos e deberes dos cidadáns, e regula a organización do sistema de poderes do Estado.
sfDER/HISTConxunto de normas xurídicas que incluían os decretos, edictos e disposicións de contido xeral, os rescritos sobre cuestións e consultas particulares, e os mandatos como instrucións aos funcionarios imperiais.
DER/RELIX
sfDisposición conciliar ou papal sobre cuestións ou costumes de fe.
constitución sinodalDisposición diocesana promulgada polo bispo nun sínodo ou con asentimento do capitolio catedralicio con valor de lei canónica, que non pode ser reformada nin derrogada se non é por un novo decreto episcopal, doado inplenasynodo.