constancia

< lat constantĭa
Pliral: constancias
  1. s f Calidade de constante.
  2. s f Acción e efecto de facer constar algunha cousa.
  3. constancia perceptiva PSIC Tendencia da percepción a non variar, malia as modificacións do obxecto, segundo a psicoloxía da forma.

Antónimos

Confrontaciones

Citas

  • Deberiamos estudiar con constancia para aprobar todo o curso antes do verán
  • Non existe constancia do acordo asinado o ano pasado

Refranes

  • A peneda é dura e a auga é miuda mais, caín do caíndo, fai cavadura.
  • A que fía cada día un ovo de galiña, non pedirá camisa á veciña.
  • Algo alcanza aquel que non cansa.
  • Andando, andando, vaise a lonxe / vaise chegando.
  • Auga branda en pedra dura tanto dá, que fai cavadura.
  • Auga mol en pedra dura, pouquichiño a pouco fura.
  • Camiña vagariño e andarás moito camiño.
  • Dos moitos poucos fanse os poucos moitos.
  • Non hai pan sen afán.
  • O que non cae á maza, cae á espadela.
  • Pouco a pouco vaise a lonxe.
  • Pouquiño a pouco chégase a todo.