sfALIMTécnica de preparación dos alimentos para evitar o seu proceso de descomposición e manter o seu poder nutritivo.
sfARTEOperación que consiste en manter os obxectos artísticos no mellor estado posible, de xeito que se evite o seu deterioro e que prolonguen a súa existencia, ademais de non modificar as condicións estéticas e culturais en que foron producidos.
sfECOLConxunto de medidas de xestión que buscan a compatibilidade entre a actividade humana e os recursos naturais, ademais da preservación e da restauración do medio natural.
instinto de conservaciónPSICInstinto que impulsa os seres vivos á loita pola supervivencia e que se manifesta especialmente en situacións de perigo.
lei de conservaciónFÍSLei que expresa que nun sistema físico o valor dunha magnitude física, como a enerxía ou a masa, permanece constante no tempo durante determinadas transformacións.
Citas
Puxo moito empeño na conservación do seu posto de traballo
Refranes
Hai que conservar coa prudencia o que se gaña coa experiencia.