congregación

< lat congregatiōne
Pliral: congregacións
  1. RELIX
    1. s f Asociación de fieis que se reúnen baixo unha advocación relixiosa, para o exercicio da piedade e con finalidades apostólicas.
    2. congregación mariana Asociación de cregos e laicos que ten por finalidade promover a fe cristiá mediante a espiritualidade litúrxica, a piedade mariana, o sentido da Igrexa, os exercicios de santo Ignacio e as actividades apostólicas.
  2. s f RELIX
    1. Comunidade reunida para o culto nas igrexas da Reforma.
    2. Comunidade local de crentes, sobre todo o estamento laical que a forma.
  3. congregación monástica RELIX Unión de diversos mosteiros que dependen dun único superior, pero que conservan a súa independencia.
  4. congregación relixiosa RELIX Compañía de relixiosos ou relixiosas que fan votos sinxelos, que poden ser perpetuos ou temporais.
  5. congregación romana RELIX Cada unha das comisións ordinarias, integradas na curia romana, que asisten ao papa no goberno da Igrexa, con potestade administrativa na súa competencia.

Sinónimos

Citas

  • Houbo unha congregación de antigos alumnos para organizar unha cea
  • Reuniuse a congregación para decidir o itinerario nas procesións de Semana Santa