confirmación

< lat confirmatiōne
Pliral: confirmacións
  1. s f Acción e efecto de confirmar ou confirmarse.
  2. s f Aquilo que confirma ou proba algo.
  3. s f RELIX Sacramento que completa a acción do bautismo e que, xunto coa comuñón eucarística, forma a iniciación cristiá.
  4. s f DER Documento declarativo de vontade unilateral emitido pola persoa que, estando lexitimada para executar a acción de anulación dun contrato, manifesta a súa vontade de renunciar a tal impugnación.

Citas

  • A súa agresividade era a confirmación de que estaba deprimido
  • Aínda non ten confirmación ningunha de se lle deron a bolsa ou non