confesión

< lat confessiōne
Pliral: confesións
  1. s f Acción de confesar ou confesarse.
  2. s f RELIX
    1. Sacramento da penitencia.
    2. Parte do sacramento da penitencia que consiste na declaración dos propios pecados ao sacerdote.
  3. RELIX
    1. s f Igrexa ou relixión á que pertence unha persoa.
    2. confesión de fe Síntese escrita da fe dunha igrexa, especialmente protestante.
    1. s f DER Declaración pola que unha persoa recoñece a súa participación nun feito delituoso como autor, cómplice ou encubridor.
    2. confesión en xuízo DER Medida de proba testemuñal prestada por unha das partes litigantes nun proceso.
  4. s f pl LIT Modalidade narrativa autobiográfica en que o autor fai un relato da súa propia existencia, deténdose especialmente na indagación íntima da súa personalidade.

Citas

  • As confesións católicas protestan polas reformas papais

Refranes

  • A confesión de tamporil, absolución de chifre.
  • Para unha mala confesión, pouca penitencia abonda.
  • Unha ruín confesión requere ruín penitencia.