condutancia

Pliral: condutancias
  1. s f FÍS Compoñente real do vector admitancia Y nun circuíto de corrente alterna. Simbolízase por G, e vale G=RY 2 , onde R é a resistencia. A súa unidade de medida no SI é o siemens.
  2. condutancia aparente FÍS admitancia.
  3. condutancia equivalente FÍS Condutancia dun electrólito que contén un equivalente gramo da substancia disolta, medida entre dous electrodos paralelos situados á distancia de 1 cm e de superficie suficiente para conter o volume necesario.
  4. condutancia eléctrica específica FÍS condutividade eléctrica.
  5. condutancia magnética FÍS permeancia.
  6. condutancia mutua FÍS transcondutancia.

Formas incorrectas

conductancia