condicionamento

< condicionar
Pliral: condicionamentos
  1. s m Acción e efecto de condicionar.
  2. s m PSIC Modificación do comportamento, propia dos seres con capacidade de aprendizaxe, en función da experiencia.
  3. s m ECOL Modificación da estrutura e da composición química do medio causada polos organismos que habitan nel.
  4. s m LING Influencia do contexto lingüístico sobre as variacións que poida ter unha unidade lingüística.

Citas

  • Co paso dos anos van mudando os condicionamentos socioeconómicos, Na obra reflíctense os condicionamentos relixiosos do autor