condensación

< lat condensatiōne
Pliral: condensacións
  1. s f Acción e efecto de condensar ou condensarse.
  2. s f FÍS Paso dunha substancia do estado de vapor a un estado condensado, é dicir, ao estado líquido ou sólido.
  3. s f FÍS Aumento de densidade.
  4. s f QUÍM Proceso en que se unen as dúas moléculas que van reaccionar.
  5. s f PSIC Proceso inconsciente que se produce durante o sono que, segundo a psicanálise, consiste nunha refundición de pensamentos ou contidos latentes nun só contido manifesto.
  6. condensación cromosómica XEN Proceso que ten lugar durante a división celular e que leva ao empaquetado da cromatina interfásica en cromosomas metafásicos.
  7. núcleos de condensación METEOR Corpúsculos sobre os que se inicia a condensación de vapor de auga atmosférica en forma de gotas, cando o grao higrométrico é suficientemente alto pero non chega á saturación.