concreción

< lat concretiōne ‘agregación’
Pliral: concrecións
  1. s f Acción e efecto de concretar ou concretarse.
  2. s f XEOL Acumulación, a partir dun núcleo orixinal, de partículas que se unen para formar pequenas masas entre os sedimentos.
  3. s f XEOL Precipitación que forma capas superpostas, case sempre pola acción da auga.
  4. s f PAT Masa sólida que se constitúe por agregación e endurecemento de diversas materias, producida xeralmente por circunstancias patolóxicas e que se pode dar en diversos tecidos.