comuñón

< lat communĭōne ‘participación conxunta’
Pliral: comuñóns
  1. s f Acción de comungar.
  2. RELIX
    1. s f Recepción do sacramento da eucaristía.
    2. comuñón dos santos Expresión formulada no Símbolo dos Apóstolos que subliña o sentido universal da participación na vida de Deus de todos os membros da Igrexa.
    3. comuñón espiritual Práctica piadosa consistente nun acto interior de fe e de pregaria eucarística que se fai en lugar da comuñón, cando non se pode recibir o sacramento.
    4. comuñón pascual Precepto imposto a todos os fieis cristiáns no IV Concilio de Letrán (1215), polo que se lles obriga a recibir o sacramento da eucaristía cando menos unha vez ao ano e en caso de padeceren unha doenza grave.
    5. primeira comuñón Recepción da eucaristía por primeira vez na vida.
  3. s f
    1. Participación nas cousas non materiais que son comúns.
    2. RELIX Comunidade que tende á máxima participación dos seus membros.
  4. s f Grupo de persoas con ideas afíns.

Citas

  • A comuñón das ideas pacifistas conseguiu a desmilitarización da zona
  • A revista estaba editada pola comuñón socialista
  • Achegouse ao altar no momento da comuñón

Formas incorrectas

comunión

Palabras vecinas