aéreo -a

< lat aerĕu ‘aire’
Pliral: aéreos Masculino: aéreo Masculino plural: aéreos Femenino: aérea Femenino plural: aéreas
  1. adx Relativo ou pertencente ao aire.
  2. adx AERON Relativo ou pertencente á aeronáutica.
  3. adx Que ten pouco peso ou entidade.
  4. adx BOT Aplícase ao órgano que medra no aire.
  5. adx FILAT Selo emitido para correspondencia por avión.
  6. conduto aéreo ANAT Conduto que leva aire aos pulmóns.

Citas

  • A correspondencia internacional utiliza o correo aéreo
  • A navegación aérea é un dos medios de transporte máis cómodos e seguros