comunicación

< lat comunicatĭōne
Pliral: comunicacións
    1. s f Acción de comunicar ou de comunicarse.
    2. s f LING Intercambio verbal de información no que un individuo (emisor) produce unha mensaxe, destinado a outro, chamado receptor ou destinatario.
    3. s f COMUN Transmisión de información dun punto a outro mediante un enlace telefónico, telegráfico, radioeléctrico ou vía satélite.
    4. s f SOCIOL/FILOS Feito de transmitir unha mensaxe, establecendo unha relación e unha interacción sociais.
    5. comunicación animal ZOOL Transmisión de información entre animais que ten como finalidade provocar un cambio na conduta.
    6. comunicación de masas / COMUN/SOCIOL Transmisión de significados culturais que se dirixe a un gran público a través dos medios de comunicación de masas.
    7. comunicación non verbal / SOCIOL/FILOS Acción de comunicarse a través da linguaxe corporal.
  1. s f
    1. Medio polo que se establece un contacto ou unión entre dous lugares.
    2. Conxunto de camiños, estradas, carrís, rutas marítimas ou rutas aéreas que permiten o contacto entre dous puntos xeográficos.
  2. s f Escrito co que se informa de algo, normalmente de forma oficial, ou cousa que se comunica.
  3. s f Estudo científico que se presenta nunha reunión de estudosos.
  4. comunicación interauricular PAT Malformación conxénita do corazón pola presenza dun orificio na parede interauricular que dá lugar ao paso anormal de sangue dunha aurícula a outra.
  5. comunicación interventricular PAT Malformación conxénita do corazón pola presenza dun orificio na parede interventricular, que dá lugar ao paso anormal de sangue dun ventrículo ao outro.

Citas

  • A comunicación telefónica permitiu unha relación directa a distancia
  • As comunicacións terrestres quedaron destruídas despois do temporal
  • Entre as dúas vilas a comunicación é moi mala
  • No congreso sobre literatura galega houbo varias comunicacións sobre a figura de Méndez Ferrín
  • Recibiu a comunicación do xulgado que o citaba para o día seguinte