adxunción

< lat adjunctĭone ‘unión, enlace’
Pliral: adxuncións
  1. s f Acción de xuntar.
  2. s f DER Modalidade de accesión continua en bens mobles que ten lugar cando unha cousa moble se engade a outra de diferente propietario de maneira inseparable, pero permitindo distinguir cada unha delas.
  3. s f LING Figura de construción gramatical que consiste na elipse nunha oración dun termo, enunciado noutra contigua.

Citas

  • A adxunción do anexo a este documento aclara o seu contido
  • Chegaron tres autobuses á estación e dous coches de policía (omítese o verbo na segunda proposición)