compacto -ta

< lat compactu ‘reunido, xunto’
Pliral: compactos Masculino: compacto Masculino plural: compactos Femenino: compacta Femenino plural: compactas
  1. adx
    1. Que ten os seus constituíntes moi unidos, sen separación nin ocos.
    2. XEOL Aplícase a un solo ou a un terreo moi pouco ou nada poroso.
    3. XEOL Aplícase ás rochas cristalinas ou ás rochas que constan dun só elemento mineralóxico que se presenta aparentemente como amorfo.
  2. adx Que non presenta divisións ou fisuras, especialmente aplicado a algo non material.
  3. s m TECNOL Equipo musical que reúne nun só corpo varios aparatos de reprodución de son.

Citas

  • Realizaron unha protesta enérxica e compacta
  • Son incapaz de durmir nun colchón tan compacto, O pan que cociñou hoxe non lle saíu moi compacto