comisario -ria

Pliral: comisarios Masculino: comisario Masculino plural: comisarios Femenino: comisaria Femenino plural: comisarias
  1. s Persoa que recibe a autorización para exercer funcións de mando ou negociación por delegación dunha autoridade superior.
  2. s Funcionario de policía que exerce como xefe dunha comisaría.
  3. s POLÍT Membro da Comisión Europea encargado dunha determinada parcela da política comunitaria e designado polo goberno de cada país membro da UE, nun número proporcional ao conxunto dos seus habitantes.
  4. comisario testamentario DER Persoa en quen o testador delegaba a facultade de facer testamento no seu nome ou de distribuír ao seu arbitrio o caudal hereditario.