comensal

< lat tardío commensāle lat cum ‘con’ + lat mensa ‘mesa’
Pliral: comensais
  1. s Cada unha das persoas que come xunto a outras na mesa.
  2. adx ECOL Aplícase á especie que vive en comensalismo con outra. Tm s.
  3. s m HIST
    1. Persoa que, nos antigos mosteiros, gozaba do beneficio de participar nas comidas monásticas.
    2. Eclesiástico agregado ao servizo permanente dun prelado.

Citas

  • Despois da sobremesa os comensais degustaron os licores da casa