combustión

< lat combustĭōne
Pliral: combustións
  1. s f Acción de queimar algunha cousa ou proceso polo que arde.
  2. QUÍM
    1. s f Reacción de oxidación que vai acompañada dun desprendemento de luz e calor, con chama (combustión viva) ou sen ela (combustión lenta).
    2. índice de combustión Relación entre o volume de CO e o de CO 2 nos fumes produto da combustión, que indica ata que grao se aparta da combustión completa.
  3. s f TECNOL Tempo do ciclo dun motor de combustión interna no que se produce a combustión do carburante que está, mesturado con aire, na cámara de combustión.
  4. calor de combustión FÍS Número de quilocalorías que se producen ao combinarse un elemento combustible co osíxeno para formar un composto osixenado. OBS: Tamén se denomina entalpía de combustión.
  5. combustión espontánea QUÍM autocombustión.
  6. combustión somerxida TECNOL Sistema industrial empregado para quentar ou concentrar grandes masas de líquidos.

Citas

  • No inverno prodúcense numerosas intoxicacións pola combustión lenta dos braseiros