combinación

< lat combinatĭōne ‘reunión de dúas cousas’
Pliral: combinacións
  1. s f Acción e efecto de combinar ou combinarse.
  2. s f Conxunto único de números, letras ou signos que permite acceder a certos aparatos ou abrir mecanismos de seguridade.
  3. s f Peza de vestir interior feminina que cobre desde os ombros ou a cintura ata o bordo da saia.
  4. MAT
    1. s f Agrupación de elementos na que só se ten en conta a distinción entre os elementos agrupados e non a orde na que se toman.
    2. combinación con repetición Tipo de combinación na que cada elemento pode repetirse calquera número de veces nunha mesma combinación.
  5. s f QUÍM Reacción química pola que dous ou máis elementos ou moléculas se xuntan para formar un composto único.
  6. LING
    1. s f Fenómeno que, en glosemática, consiste en que dúas unidades compatibles no discurso non presentan ningún tipo de dependencia recíproca.
    2. combinación fonemática Secuencia regular de fonemas, produto da distribución destes. A sílaba é a combinación fonemática máis elemental.
    3. s f Fenómeno de asimilación que consiste en que un son adquire algún trazo articulatorio do son próximo.
  7. combinación circular ARQUEOL Gravado rupestre que reproduce círculos ou liñas curvas. Pode adoptar distintas formas, desde círculos concéntricos ata figuras abstractas.
  8. combinación lineal MAT Suma de vectores dun espazo vectorial, multiplicados cada un deles por un determinado coeficiente escalar.

Sinónimos

Citas

  • A combinación da caixa forte estaba gardada no banco
  • A combinación de cores do teu vestido gústame moito
  • A combinación gañadora do sorteo estaba errada
  • Para ir á miña vila teño moi mala combinación de trens
  • Véseche a combinación por debaixo da saia