smPATCadro clínico que se caracteriza por unha perda profunda da consciencia, con imposibilidade de espertar o paciente malia que o estimulen. Prodúcese cando se altera a interacción normal entre os hemisferios cerebrais e o sistema reticular activador do tronco.
coma crónicoPATEstado de coma de meses ou anos de evolución nos que o paciente presenta unicamente unha vida vexetativa.
coma irreversible/profundoPATEstado de coma que conduce irremediablemente á morte cerebral.
coma víxilPATComa en que o enfermo, inconsciente, permanece cos ollos abertos e fixos e coa cara inexpresiva.