columna

< lat columna
Pliral: columnas
  1. ARQUIT
    1. s f Elemento arquitectónico de sección circular que cumpre a función de soportar as presións verticais e oblicuas da arquitrabe e do arco, composto de base, fuste e chapitel.
    2. columna acanalada/estriada Columna co fuste decorado con estrías verticais que poden estar unidas con filete ou non.
    3. columna almofadada/biselada Columna que ten o fuste formado por bloques almofadados ou cadrados.
    4. columna anelada/enfaixada Columna co fuste formado por distintos aneis ou faixas de diferente diámetro e superpostos un tras outro.
    5. columna conmemorativa/triunfal Columna sen función construtiva e que se erixe en lembranza ou conmemoración dun suceso ou dun persoeiro.
    6. columna illada/exenta Columna que non está pegada ou adherida a ningunha parte do edificio ou do muro.
    7. columna imbuída/de media cana/entregada Columna pegada que introduce parte do seu fuste no muro, formando parte del. OBS: Tamén se denomina semicolumna.
    8. columna salomónica/helicoidal Columna co fuste de forma helicoidal.
  2. s f Feixe de cousas colocadas unhas enriba das outras.
  3. s f GRÁF Cada unha das partes dun texto, dun manuscrito, dun impreso, dun libro ou xornal, dispostas verticalmente pero separadas por un espazo en branco.
  4. BÉL
    1. s f Conxunto de tropas que desfilan con pouca fronte e moito fondo.
    2. quinta columna Grupo de individuos encargados de cumprir un traballo político e militar no territorio do inimigo.
  5. s f ANAT Formación constitutiva do endoesqueleto dos vertebrados de composición cartilaxinosa ou ósea e formado polas vértebras. OBS: Tamén se denomina columna vertebral.
  6. s f BIOL Estrutura anatómica en forma de piar.
  7. s f QUÍM Aparato de forma cilíndrica, de altura maior ca o diámetro, para poñer en contacto, xeralmente a contracorrente, dúas fases (líquido-líquido ou líquido-gas) para que se produza a separación dos compoñentes da mestura alimentadora en dúas ou máis fraccións.
  8. s f XEOL Concreción calcaria no interior dunha caverna que resulta da unión dunha estalactita cunha estalagmita.
  9. s f FÍS Masa ou sección dalgún fluído que se crea en forma de cilindro.
  10. columna xeolóxica/estratigráfica XEOL Representación gráfica vertical que mostra a orde de sucesión e as relacións das formacións estratigráficas dunha rexión.

Citas

  • Non me gustou a columna que aparecía no xornal sobre as folgas
  • O seu soldo é a columna económica familiar
  • Sobre o escritorio ten unha columna de papeis e revistas