sfHIST/POLÍTTerritorio ocupado e sometido, xunto coa súa poboación, por outro pobo ou estado, co fin de iniciar un proceso de explotación dos seus recursos.
sf
Conxunto de persoas que van dun territorio a outro para se establecer nel.
Lugar onde se establece este conxunto de persoas.
sfZOOLConxunto de individuos que pertencen a unha mesma especie e que están anatomicamente unidos para formar unha individualidade de orde superior.
sfZOOLConxunto de animais da mesma especie que fan vida en común.
sfMICROBAgrupación de bacterias que se orixina pola reprodución dunha bacteria illada nun medio de cultivo.
sfBOTPoboación vexetal situada pouco ou moi lonxe da área principal das especies que a compoñen.
colonia escolarEDUCConxunto de actividades formativas ao aire libre como complemento da actividade escolar.
colonia industrialHISTConxunto de instalacións industriais separado dos núcleos de poboación.
Citas
Na costa mediterránea hai moitas colonias de veraneantes estranxeiros
Na súa visita a Bos Aires o presidente recibiu os representantes da colonia galega nesa cidade