colo

< lat collu ‘colo, pescozo’
Pliral: colos
  1. s m Oco feito coas mans e os brazos á altura do peito, cando se está de pé, ou entre os xeonllos e a cintura, cando se está sentado, para poder soster algo.
  2. s m Parte do corpo que une a cabeza co tronco.
  3. s m Parte dalgunhas pezas de vestir que rodean o pescozo ou van próximas a el.
  4. s m Parte estreita de certos recipientes.
  5. ANAT
    1. s m Parte máis estreita dunha estrutura anatómica.
    2. colo uterino Porción inferior e estreita do útero, comprendida entre o corpo e o orificio.

Sinónimos

Citas

  • Cando naza o teu neno, eu son a primeira en collelo no colo, O neno sempre anda co can no colo
  • Non tires tanto da correa do can porque xa ten unha ferida no colo
  • O colo desa botella é moi estreito para meteres esas flores
  • Ten o colo da camisa moi gastado