colector -ra

Pliral: colectores Masculino: colector Masculino plural: colectores Femenino: colectora Femenino plural: colectoras
    1. adx Que recolle.
    2. s m RELIX Eclesiástico que recadaba as esmolas das misas
    3. s m Depósito de capacidade e formas diversas que se emprega para recoller cousas inservibles.
  1. s m CONSTR Sumidoiro que forma parte da rede de saneamento.
  2. TECNOL
    1. s m Condución principal destinada á distribución dun fluído.
    2. colector de admisión Colector que distribúe o aire ou a mestura feita no carburador aos condutos que van a cada un dos cilindros.
    3. colector de escape Colector que conduce os gases queimados de cada cilindro ao tubo de escape.
  3. s m FÍS Cada un dos electrodos dun transistor bipolar.
  4. s m FÍS Elemento das máquinas rotativas eléctricas que actúa como rectificador ou como ondulador mecánico.
  5. s m XEOL Rocha permeable a través da que circulan os hidrocarburos procedentes da rocha nai.
  6. s m XEOG Río ao que verte as súas augas outro que é o seu afluente ou tributario.
  7. área colectora XEOG Superficie dun terreo permeable que alimenta un depósito de augas subterráneas.