cola

< lat caudŭla, dim de cauda ‘cola’
Pliral: colas
  1. s f
    1. ZOOL Parte posterior do corpo dos vertebrados que forma un apéndice máis ou menos longo e que contén as vértebras caudais.
    2. ICT Proliferación ou escrecencia das aletas dalgúns peixes.
    3. ORNIT Conxunto de plumas ríxidas inseridas na mitra.
  2. s f ASTRON Apéndice luminoso dun cometa.
  3. s f Serie de persoas, de animais ou de cousas postas unha detrás doutra, agardando a súa quenda para facer algo.
  4. cola de cabalo
    1. ANAT Conxunto de fibras nerviosas da parte terminal da medula espiñal.
    2. PLANTA xestela.
  5. cola de raposo PROTISTA Alga verde do xénero Enteromorpha.
  6. cola de rata MAR Tecido e entrefiado que se fai coa punta dun cabo groso para que non se desfíe.

Sinónimos

Confrontaciones

Citas

  • A cola do avión incendiouse durante o voo
  • Eu estaba na cola do acompañamento, Na clase el é o primeiro e eu vou na cola
  • Hai unha cola de duascentas persoas, A cola de coches era tan longa que tardaron dúas horas en saír da cidade
  • O meu can ten a cola dunha cor máis escura có resto do corpo
  • Quixo un vestido de noiva con cola, Comprou un piano de cola

Palabras vecinas