cogombro

< lat cucūmĕru, por cucumĕre
Pliral: cogombros
  1. s m PLANTA Planta herbácea, da familia das cucurbitáceas, que se caracteriza por ser hirsuta, e ter talos angulosos, follas orbiculares, flores douradas axilares e froitos en pepónide.
  2. s m BOT Froito oblongo e verrugoso desta planta. É moi rico en auga e contén grandes cantidades de vitaminas A e C.
  3. cogombro do demo PLANTA Planta herbácea, da familia das cucurbitáceas, con flores unisexuais pentámeras e amareladas e froitos de tipo baga oblonga, colgante que, ao madurar, proxecta violentamente as sementes que conteñen.

Formas incorrectas

pepino