cognición

< lat cognitiōne
Pliral: cognicións
  1. s f FILOS Acción e efecto de coñecer.
  2. s f FILOS Facultade de coñecer.
  3. s f DER Coñecemento xudicial dun asunto, necesario para resolvelo.
  4. xuízo de cognición/proceso de cognición DER Xuízo declarativo ordinario, atribuído á competencia dos xuíces de primeira instancia, en que se tramitan os asuntos dunha determinada contía económica que non teñen sinalada unha tramitación especial.