sBIOQMolécula orgánica pequena, non proteica, relativamente complexa e termostable, necesaria para a actividade dun encima pero facilmente separable deste sen destruílo. Actúa como aceptante ou como doador dun tipo específico de átomo ou de grupo de átomo.
coencima IBIOQDinucleótido de nicotinamida e adenina.
coencima IIBIOQFosfato de dinucleótido de nicotinamida e adenina.
coencima ABIOQCoencima das reaccións encimáticas de transferencia de grupos acilo a grupos carbonilo ou a alcohois e aminas para dar ésteres e amidas.
coencima QBIOQCatalizador bioquímico de oxidación-redución. Está relacionado, estruturalmente, coas vitaminas E e K. OBS: Tamén se denominan ubiquinonas.