codón

< ingl codon
Pliral: codóns
  1. s m XEN Secuencia de tres unidades de nucleótidos do ADN ou do ARN que codifica un aminoácido particular ou que sinala o comezo ou a finalización da mensaxe xenética.
  2. s m XEN Secuencia de tres nucleótidos do ARN mensaxeiro, en que se transcribe a secuencia orixinal do ADN.
  3. codón iniciador XEN Codón do ARN mensaxeiro (AUG e GUG) que marca o inicio da síntese de polipéptidos ou tradución.
  4. codón modulador XEN Codón responsable do control da frecuencia coa que se transcriben os cistróns.
  5. codón de terminación XEN Codón do ARN mensaxeiro (UAA, UAG e UGA) que marca a finalización da síntese dunha cadea polipeptídica.