coco

< voz aimará?
Pliral: cocos
  1. s m PLANTA Árbore monoica, da orde das arecais, cun estípite gris e case liso, acabado nun penacho dunha trintena de follas ou palmas pinnatipartidas cuxo cultivo se dá en zonas de clima cálido e húmido, non moi arredadas do mar.
  2. s m BOT Froito da árbore do mesmo nome. É unha drupa cunha parte líquida, (auga ou leite de coco) e unha parte sólida do endosperma que se emprega en alimentación.
  3. s m Fantasma co que se intenta asustar os nenos pequenos.
  4. s m Intelixencia que demostra unha persoa.

Citas

  • Este rapaz é un coco para as matemáticas
  • ¡Hai que ir para a cama que se non vai vir o coco!