cobra

< lat cōpŭla ‘lazo’
Pliral: cobras
  1. s f LIT Cada unha das unidades rítmicas e melódicas (estrofas) que compoñen a cantiga.
  2. cobra alterna LIT Cobra que presenta un mesmo esquema rimático, de xeito que a disposición das rimas coincide nas cobras pares e nas impares.
  3. cobra capcaudada LIT Cobra en que se repite a rima do verso final dunha delas no primeiro da seguinte.
  4. cobra capdenal LIT Cobra en que se vincula o verso inicial de dúas ou máis cobras por medio da anáfora.
  5. cobra capfinida LIT Cobra en que se repite a parte final do derradeiro verso dunha cobra no inicio da seguinte.
  6. cobra dobra LIT Cobra que posúe o mesmo esquema rimático e as rimas coincidentes en cada parella de estrofas.
  7. cobra retrograda LIT Cobra en que as súas rimas se repiten na seguinte en orde inversa.
  8. cobra singular LIT Cobra que posúe o mesmo esquema rimático pero presenta rimas distintas en cada unha delas.
  9. cobra terna LIT Cobra que ten unha distribución de rimas idéntica en cada grupo de tres estrofas.
  10. cobra unisonante LIT Cobra que presenta as mesmas rimas e distribúense do mesmo xeito.