cobalto

< al Kobolt ‘feiticeiro das lendas xermánicas’
Pliral: cobaltos
  1. s m QUÍM Elemento da táboa periódica, de número atómico 27 e peso atómico 58,933, que se emprega para obter algunhas aliaxes especiais, ás que confire maior dureza e resistencia á corrosión, e serve tamén para a preparación de pinturas e de esmaltes.
  2. carbonato de cobalto (II) Composto que se presenta en cristais vermellos, que se presentan na natureza no espato cobalto e na esferocobaltita e que se empregan en cerámica e na elaboración de pigmentos.
  3. cloruro de cobalto (II) Composto que se presenta en láminas azuis pálidas. Forma un hexahidrato que cristaliza no sistema monoclínico, e se emprega como indicador de humidade.
  4. fluoruro de cobalto (III) Composto que se presenta en forma de cristais hexagonais de cor marrón e que se emprega como axente de fluoración na industria dos derivados fluorados.
  5. nitrato de cobalto (II) Composto que se presenta en forma de cristais vermellos, e se emprega na manufactura de pigmentos e de tintas invisibles.
  6. óxido de cobalto Cada un dos compostos binarios que forma o cobalto co osíxeno.