climatoloxía

< climato- + -loxía
Pliral: climatoloxías
  1. s f CLIMAT Disciplina da xeografía física que ten como obxecto a análise dos climas da Terra, coa determinación das súas variedades e distribución, así como a investigación dos seus efectos bioxeográficos, xeomorfolóxicos, hidrolóxicos, edáficos, económicos e humanos.
  2. climatoloxía agrícola Estudo do clima en función das esixencias climáticas das plantas de cultivo.
  3. climatoloxía médica Estudo do clima en función da súa repercusión sobre o organismo humano.