civil

< lat cīvīle
Pliral: civís
  1. adx Relativo ou pertencente aos cidadáns e ás relacións establecidas entre si cos seus concidadáns no seo do Estado do que forman parte.
  2. adx
    1. Que pertence á xeneralidade dos cidadáns, por oposición a militar ou eclesiástico.
    2. causa civil DER Proceso xudicial no que se debaten intereses relacionados co dereito civil.
    3. desobediencia civil DER Actitude de desafío á autoridade que pode expresarse na obxección ao cumprimento da lei vixente e na aceptación voluntaria da sanción que esta obxección comporta.
    4. estado civil DER Condición de cada persoa en relación coas situacións tipificadas como fundamentais na organización civil da comunidade e que afecta á súa independencia xurídica e á súa capacidade de obrar.
    5. gobernador civil ADM Órgano da administración periférica do Estado de ámbito provincial ao que corresponde a dirección superior dos servizos estatais na provincia e, entre outras competencias, o exercicio da xefatura superior dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado na provincia.
    6. responsabilidade civil DER Deber xurídico que incumbe ás persoas físicas e xurídicas de responder do feito realizado e de sufrir as súas consecuencias xurídicas, formalizadas nas indemnizacións polos danos e prexuízos materiais e morais producidos.
    7. sociedade civil DER Contrato polo que dúas ou máis persoas acordan contribuír en común con bens ou servizos coa finalidade de repartir entre si as ganancias.
    8. sociedade civil POLÍT Ámbito das relacións entre individuos, grupos e clases sociais que se desenvolve fóra das relacións de poder que caracterizan as institucións estatais.

Citas

  • Casaron nunha voda civil, É raro velo co uniforme, case sempre leva roupa civil
  • Demostraron unhas boas actitudes civís, É moi autoritorio e non consegue ter un comportamento civil
  • Está regulado no código civil
  • Non todos os países gozan dos mesmos dereitos civís